venres, 14 de febreiro de 2020

Sumando...

Xuntamos duas imaxes para que as poidades usar nas vosas redes e seguir sumando:



mércores, 5 de febreiro de 2020

SUMAS?



Empezamos unha nova fase para a creación do COPEGAL.

Necesitamos crear unha ampla base de datos de pedagogas, pedagogos, psicopedagogos e psicopedagogas (na que tamén poden sumarse o alumnado destas titulacións) para que, mentres duran os trámites administrativos para levar a Lei de Creación do COPEGAL ao Parlamento de Galicia, empecemos a localizarnos e a comunicarnos.

Necesitamos que cubras os teus datos neste FORMULARIO e sumes a todos os teus contactos que sexan graduados ou licenciados en Pedagoxía e/ou Psicopedagoxía nesta iniciativa.




venres, 31 de xaneiro de 2020

O traballo feito...

Levamos desde 2018 coa idea sempre comentada de crear unha organización que nos defenda e nos lexitime socialmente como profesionais da Pedagoxía e Psicopedagoxía.

A Constitución Española di:


Artigo 36 A lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos colexios profesionais e do exercicio das profesións tituladas. A estructura interna e o funcionamento dos colexios deberán ser democráticos.

Temos realizado numerosas reunións e xestións en diversos ámbitos e xa está o procedemento para a aprobación da futura Lei do COPEGAL na Xunta de Galicia.

Os numerosos esforzos, uns fructíferos e outros menos, son o resultado do traballo dun amplo equipo de profesionais do público e do privado en distintas ámbitos da Pedagoxía e Psicopedagoxía.

Demóstrase unha vez máis, que xuntos e xuntas todo é posible.


mércores, 29 de xaneiro de 2020

A prol do Colexio Profesional

Nós témolo claro!

A nosa profesión, a da Pedagoxía e a da Psicopedagoxía, NECESITA neste século XXI dunha organización que a defenda, que fomente o seu desenvolvemento profesional, que protexa aos destinatarios dos nosos proxectos, que axude aos profesionais da pedagoxía e psicopedagoxía e que nos represente diante da sociedade, das institucións ou no noso ámbito que non é outro que a EDUCACIÓN, en calquera dos seus ámbitos.

Apoiados pola Facultade de Ciencias da Educación e polo Consejo General de Colegios Oficiales de Pedagogos y Psicopedagogos de España, un grupo de profesionais dos distintos ámbitos da nosa profesión, puxemos en marcha en 2018, unha asociación que canalice os esforzos necesarios para poñer en marcha o NOSO COLEXIO.

Un ano despois xa temos todo preparado para iniciar os trámites diante da Xunta de Galicia.

Agora podemos empezar a sumar para facer realidade a nosa MISIÓN:

Contar co noso COLEXIO OFICIAL DE PEDAGOXÍA E PSICOPEDAGOXÍA DE GALICIA:

o COPEGAL

Xa queda menos!

CONTAMOS CONTIGO?