A Constitución Española di:
Artigo 36
A lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos
colexios profesionais e do exercicio das profesións tituladas. A
estructura interna e o funcionamento dos colexios deberán ser
democráticos.
Temos realizado numerosas reunións e xestións en diversos ámbitos e xa está o procedemento para a aprobación da futura Lei do COPEGAL na Xunta de Galicia.
Os numerosos esforzos, uns fructíferos e outros menos, son o resultado do traballo dun amplo equipo de profesionais do público e do privado en distintas ámbitos da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
Demóstrase unha vez máis, que xuntos e xuntas todo é posible.